Voltar ó Inicio


 

  
Dende a súa fundación, Talleres Aguín S.L. está realizando continuos esforzos de investigación no campo da maquinaria para o cultivo do mexillón, co obxectivo primordial de conseguir que un proceso que antes era totalmente manual alcance hoxe un nivel de modernización e mecanización que permite incrementar sensiblemente a calidade do producto e mellora-las condicións de traballo e a rendibilidade do cultivo deste molusco.
 

DESGRANADORA
Nunha soa operación degrana e selecciona cunha producción de ata 4.000 kgs. por hora. Permite a regulación da velocidade do degranado, así como o tamaño do mexillón que se vai seleccionar. Accionada por un motor hidráulico OMP 200, o seu peso é de 50 Kgs. aproximadamente.


 
NOVAS ADAPTACIÓNS
DA DESGRANADORA B1
No noso empeño por perfecciona-lo funcionamento das nosas máquinas, fixemos adpatacións que melloran considerablemente a súa calidade e rendemento.

Na desgranadora B1 pódese adaptar no mesmo eixo un cepillo helicoidal que debido á suavidade das cerdas evita a perda de auga do mexillón.
Os chorros de auga que saen a presión a través das cerdas do cepillo, conseguen un perfecto lavado do mexillón.
Para isto soamente é necesario corta-lo eixo e montar uns acoplamentos de conexión para o cepillo ou o mesmo eixo orixinal de pas de goma

Outra adapatación aconsellable para o mexillón moi empiñado e con viso moi forte, é engadir a este eixo outro prolongador de pas e unha criba intermedia

Outra adaptación é coloca-lo cepillo no lugar do último prolongador do eixo, así obtemos unha desgranadora longa con cepillo que consegue un mellor degranado e lavado do mexillón


    Eixo corto e cepillo

    Eixo cortado

    Dous prolongadores de pas e dous cribas

    Un prolongador e  cepillo

DESDOBRADORA
Esta desdobradora ou encordadora ten unha capacidade de producción dun metro por segundo de corda, e o diametro da mesma pode ser regulado a discreción. Dispón de regualdor de velocidade, regulador de diámetro, dispositivo de parada e arrinque e regulador de altura.
Movida por dous motores hidráulicos OMP 50 e OMM 32, está construída en aceiro inoxidable


MESA SELECTORA
O máis práctico en mesas de selección. Unha soa mesa que se pode adaptar a calquera medida. Accionando o mando, pode conseguir varia-la separación entre variñas. Incorpora dispositivos automáticos para solta-los sacos unha vez cheos. As patas son regulables en altura. Aceiro inoxidable.


¿Quen Somos ? - Manuais - Atención ó Cliente - Enlaces - Long-Line