Voltar ó Inicio











O CULTIVO DO MEXILLÓN. SISTEMA LONG-LINE CONTINUO.

    O sistema de cultivo de mexillón en long-line foi quizais o que máis evolucionou paralelamente ó cultivo en batea, desenvolvendo técnicas similares no que respecta á utilización de maquinaria.

    Sen embargo, inicialmente, o long-line presentaba unhas limitacións, tanto na lonxitude das cordas como no tamaño das embarcacións, que dificultaban en gran medida o proceso de mecanización do cultivo. Afortunadamente, estas foron resoltas efectuando o desdobramento en sistema continuo, polo que arestora xa non se pode falar de desvantaxes fronte ás bateas en canto á utilización de máquinas.

 

    A primeira das limitacións afectaba á lonxitude das cordas, pois o peso que ha soportar cada liña debe estar controlado. A segunda, afecta á embarcación, que deberá ter unhas características que lle permitan manobrar entre as liñas con facilidade, polo que o seu tamaño ha de ser considerablemente reducido. En consecuencia, a instalación de guindastre e cesto no interior da mesma é fisicamente imposible.


Foto 1. SEPARACIÓN ENTRE LIÑAS.

 

    Este sistema continuo resolve o problema permitindo equipar embarcacións de dimensións moito máis reducidas coa maquinaria suficiente para realizar un labor rápido e práctico cun menor esforzo. Así, non resulta difícil incrementa-la rendibilidade, xa que ó desdobrar cordas de lonxitude superior a 500 m., o tempo de elaboración diminúe moito, se o comparamos co proceso utilizado ata este momento, desdobrando corda a corda, cando estas teñen unha lonxitude inferior ós 10 m.

    A continuación imos explica-lo proceso de cultivo, así como o equipo necesario para este sistema, incluíndo os distintos tipos de embarcacións utilizadas segundo as zonas.

 


FOTO 2. EMBARCACIÓNS UTILIZADAS
EN BATEAS

FOTO 3. EMBARCACIÓNS UTILIZADAS
EN LONG-LINE

¿Quén Somos? - Catálogo - Manuais - Atención ó Cliente - Enlaces