Voltar ó Inicio











DESDOBRAMENTO

    Para desdobrar necesitamos adapta-la embarcación a esta tarefa. O primeiro paso será instala-la rampla de acceso para as cordas. A continuación desta sitúase o dispositivo para arrinca-lo mexillón que, malia ser independente, traballa formando parte solidaria co halador. A forza é subministrada por medio da bomba hidráulica que se instala no motor da embarcación.

    Na proa da embarcación instalarase un rolete para pasa-la línea. A rampla de acceso leva incorporado outro rolete vertical que situará a liña na popa da embarcación.

    Como amosa a figura 5, o rolete de proa vai desprazado cara a estribor para permitir máis espacio de manobra, o de popa vai instalado na mesma rampla. As cordas serán arrastradas polo halador hidráulico 1 e esbaran pola rampla dende o mar.

    Entre o halador e a rampla intercalouse un dispositivo 3 que arrinca o mexillón da corda para depositalo no interior da debulladora 4, que á súa vez procede ó debullado e clasificado do mesmo, antes de entrar na desdobradora 5, da que finalmente sairá unha nova corda, desdobrada, que será pendurada novamente da liña 7, a medida que esta sae pola proa.

    Concluído o proceso de desdobramento, as cordas que foron penduradas da liña conteñen agora mexillón perfectamente clasificado, o que permitirá unha maior uniformidade no seu crecemento, sendo liberado ademais dos parasitos que freaban o seu crecemento. Deste xeito, o producto gaña claramente en calidade.

    Pretendemos, ata aquí, explicar en liñas xerais o sistema de desdobramento continuo, non obstante, e dependendo das circunstancias poderase recoller primeiramente o mexillón, para máis tarde proceder ó debullamento e, finalmente, ó desdobramento como procesos independentes.


¿Quén Somos? - Catálogo - Manuais - Atención ó Cliente - Enlaces