|
ELEMENTOS UTILIZADOS
NO PROCESO
No
proceso de desdobramento continuo utilizamos un equipo composto
por catro dispositivos fundamentais. Destes, a debulladora e a
desdobradora son utilizados tamén con outros sistemas de cultivo
como o long-line non continuo ou as bateas.
-
DEBULLADORA,
esta máquina debulla e selecciona, nunha soa operación, cunha
producción de ata 4.000 kg./hora. Permite tanto a regulación
da velocidade do debullamento, como o tamaño do mexillón que
se vai seleccionar. Está accionada por un motor hidráulico
OMP 200, e construída en aceiro inoxidable, cun peso aproximado
de 50 kg.

-
DESDOBRADORA,
ten unha capacidade de producción de 1m./segundo de corda
retubada, o diámetro da mesma pode ser regulado a vontade.
Dispón ademais de regulador de velocidade e de altura, así
como de dispositivo de parada e arranque. Dous motores hidráulicos,
OMP 50 e OMM 32, moven esta máquina, que está construída en
aceiro inoxidable.

-
A
RAMPLA DE ACCESO,
é unha canle construída con chapa de aceiro inoxidable de
1,5 mm. de grosor cos bordos laterais pregados. A parte de
entrada da corda ten unha forma arredondada para facilita-la
entrada sen desprendemento de mexillón.

- O HALADOR
, é un dispositivo
en forma de estrela para permiti-lo paso dos palillos. Está
construído en aceiro inoxidable, e móveo un motor OMP400. Móntase
unido ó dispositivo para desprende-lo mexillón.

- O STRIPPER,
é un dispositivo para desprende-lo mexillón da corda, consiste
nunha base de tubos cunha separaciónentre eles suficiente para
que vaia caendo o mexillón polo espacio que queda entre estes.
Ós tubos colocáronselles uns ganchos que irán entrando a través
das piñas de mexillón.
Na parte superior do dispositivo, exércese unha presión sobre
a corda e cara a abaixo por outra base semellante, que irá desprendendo
o mexillón da zona superior.
Na
saída do dispositivo, o mexillón que aínda permaneza adherido
á corda, será arrincado por unhas gomas contrapostas que deixarán
a corda totalmente limpa.
Este conxunto subminístrase para adaptar con facilidade a calquera
tipo de embarcación.
|