










|
|
Pasaron xa
vinte anos dende o comezo daquela máquina experimental para o desdobramento
da semente do mexillón.
A idea da rede tubular leváranos naquela
época a culmina-lo obxectivo, conseguindo, cun artefacto moi rudimentario,
o primeiro desdobramento mecanizado no mundo do mexillón.
Na actualidade, con máquinas perfeccionadas
conséguese unha alta rendibilidade nos labores de debullamento,
selección e retubado. Seguimos nese camiño enfocado unicamente á
producción de mexillón e esperamos conseguir novas metas que farán
moito máis doado o traballo dos productores.

|
|