Voltar ó Inicio











PALILLOS DE CORES PARA GARDA-LA DISTANCIA
ENTRE CADA TRAMO DE CORDA

 

    Ó colga-las cordas na liña debemos deixar ó principio desta un tramo de liña con lazo, pero sen corda equivalente ó longo aproximado da embarcación, de xeito que para comeza-lo traballo poidamos coloca-lo barco entre o principio da corda co mexillón e o primeiro lazo sen corda. Con isto evítase que, no intre de comenza-lo desdobramento, teñamos uns metros de liña a bordo, coa corda cargada de mexillón, entorpecendo o traballo. A medida que vai progresando o proceso de desdobramento e avanzamos ó longo da liña, este tramo sen corda vaise desprazando cara ó outro extremo da mesma. Deste xeito, ó remata-la operación de desdobramento, teremos ese mesmo tramo sen corda no outro lado da liña, quedando esta disposta para comezar en dirección inversa na seguinte ocasión.

 

    Como é lóxico, mentres pola popa da embarcación asoma o primeiro tramo de corda para desdobrar, na proa témo-lo comezo da liña. E aí é, onde colocaremos, pendurado do primeiro lazo, o inicio da nova corda xa desdobrada.

    Así, ó comeza-lo desdobramento, temos un tramo de liña sen corda na que comezamos a pendurar no primeiro lazo. A corda que imos recollendo para desdobrar, por conseguinte, non se acumula, porque esta que imos recollendo por un lado, é a mesma que vai saíndo desdobrada por outro cunha diferencia de dous ou tres longos de corda.

    Se non o fixesemos así, teriamos tódolos longos de corda que contén a distancia entre a proa e a popa dentro do barco.

    Por exemplo: cunha embarcación de 5m. de eslora, e cunha liña que teña en cada metro 2 tramos de corda de 4m.de longo, teriamos dentro do barco 5x2x4 = 40m. de corda, cargada de mexillón, o que restaría capacidade de manobra no traballo, afectando moi negativamente ós resultados do mesmo (véxase figura 5).


¿Quén Somos? - Catálogo - Manuais - Atención ó Cliente - Enlaces