|
A COLLEITA.
A
colleita do mexillón para a venda faise como explicáramos na tarefa
de desdobramento. Desta mesma, maneira as cordas co mexillón irán
subindo pola rampla de acceso e irase desprendendo ó pasar polo
dispositivo 3, que o vai arrincando da corda. Esta corda que previamente
se soltara da liña, usando o lazo corredío, volvérase enganchar
logo permanecendo no mar da mesma forma que cando contiña o mexillón.
Quedando así preparada para ser usada como colector ou para implantar
novamente a semente.
O
mexillón resultante neste caso cómpre elaboralo en terra ou sobre
plataforma, xa que doutra forma no teriamos moito espacio para
almacena-lo mexillón colleitado e a embarcación estaría sobrecargada
se tivesemos sobre ela as máquinas. Así pois o debullamento e
envasado fariámolo, como dixemos, en terra ou sobre plataforma
usando a debulladora e a mesa selectora.
Tendo
a embarcación preto poderemos conectar nela as mangueiras para
o accionamento das máquinas. Se a embarcación fose o suficientemente
grande para que puidesemos facer este labor sobre ela, non cabe
dúbida de que o proceso sería moito máis rápido e ó mesmo tempo
máis cómodo.
|