|
SELECCIÓN DA
SEMENTE.
No
desdobramento ou retubado, hai que debullar e selecciona-la semente
para conseguir unha uniformidade no tamaño, eliminando ademais
ó mesmo tempo os parasitos existentes. En ocasións, hai gran cantidade
de semente pequena mesturada, e cómpre separa-la dos parasitos
que saíron conxuntamente pola rella da debulladora. A mellor forma
de facelo é pasando este conxunto pola mesa selectora, previamente
regulada á medida axeitada. Ó esta-la semente solta é moi fácil
separala dos parasitos cun simple movemento sobre a rella da mesa.
Con ela faranse novas cordas procurando non mesturalas coa semente
anterior, e colocándoas noutra zona, xa que esta semente necesitará
máis tempo para o seu crecemento que a outra máis grande.
|