Voltar ó Inicio











VANTAXES DO SISTEMA.

    Entre as vantaxes do sistema de cultivo en long-line continuo co equipo que describimos, podemos enumera-las seguintes:

  • Simplifica-lo proceso de desdobramento ó facerse conxuntamente na mesma operación e poder facelo directamente na zona de cultivo (Véxanse fotos 5-6-7-8).


Foto 5.DESDOBRAMENTO EN TERRA.


Foto 6. SISTEMA PARA LONG-LINE
CORDA A CORDA


Foto 7. TRASLADO DO DESDOBRAMENTO
DENDE TERRA.



Foto 8. SISTEMA LONG -LINE
CORDA A CORDA


  • Rapidez e facilidade para subi-las cordas cargadas de mexillón.

  • Permite extrae-lo mexillón das cordas co mínimo esforzo, xa que é o halador o que tira da corda.

  • Maquinaria de peso e dimensións reducidas que ocupan pouco espacio cando se trata de embarcacións pequenas (véxase "outros equipos utilizados" fotos 9-10)


Foto 9. MAQUINARIA MOI GRANDE E PESADA.

 


Foto 10. MAQUINARIA MOI GRANDE,
CARA E PESADA.


FOTO 11. DESPRENDEMENTO
DO MEXILLÓN NAS
CORDAS NON EMPALILLADAS.


  • Baixo custo do equipo.
  • Equipo pouco sofisticado que simplifica o seu manexo dende o primeiro momento e que está practicamente exento de avarías, permitindo evita-la excesiva dependencia do provedor ó non precisar servicio post-venta.Ø Equipo pouco sofisticado que simplifica o seu manexo dende o primeiro momento e que está practicamente exento de avarías, permitindo evita-la excesiva dependencia do provedor ó non precisar servicio post-venta.

  • O uso de cordas empalilladas evita o desprendemento do mexillón como ocorre cando se utilizan cordas lisas, que na maioría dos casos acadan ata un 50% de perda sobre o total do producto (véxase foto 11). Sen ter que recorrer a precarias solucións como embolsa-las cordas cando o mexillón esta crecendo, freando así o desenvolvemento do mesmo (véxase foto 12).

  • As cordas empalilladas pódense volver utilizar tantas veces como se desexe, non así co desdobramento en malla. Evítase así a formación de lixos non biodegradables o que supón un beneficio ecolóxico (véxase foto 13).


FOTO 12. CORDAS EMBOLSADAS


FOTO 13.


CORDA EMPALILLADA
SEN DESPRENDEMENTO DE MEXILLÓN


¿Quén Somos? - Catálogo - Manuais - Atención ó Cliente - Enlaces