DESDOBRADORA Modelo A2
POSTA EN MARCHA.
Antes
da posta en marcha é preciso asegurarse de que a conexión de mangueiras é a correcta.
Inverti-las mesmas pode causar serios danos na maquinaria.
A entrada de presión debe conectarse ó enchufe (1) que de fábrica sae cun terminal
macho. Retorno ó enchufe femia (1A). Unha vez chea a tolva (2) de mexillón e a rede no
cartucho correspondente (3), así como o fío (4) no seu soporte, introdúcese o extremo
da corda pola parte da rabiza, que servirá para colga-la corda. Esta faise pasar pola
canle da corda (5) e sácase pola saída (6) ata o nó que une a rabiza e a corda. Neste
punto átase a rede así como o fío, quedando disposto para comeza-la corda que se vai
desdobrar. Acciónanse as pancas de posta en marcha (7) e (8) e iníciase o tiro da corda,
apoiándosea man que suxeita sobre o halador (9). Cómpre facer un ensaio na primeira
corda, regulando a velocidade e cantidade de mexillón. Accionando os reguladores (10) e
(11) no sentido das agullas do reloxo, aumentámo-la velocidade de saída da corda e a
cantidade de mexillón.
Na elaboración dunha corda pódese necesitar parar un instante a mesma para rechear unha
falta de mexillón, o que se consegue accionando a panca exterior (7). Unha vez chegado ó
remate da corda, párase a máquina accionando as dúas pancas (7) e (8) ó mesmo tempo.
Para facilita-la visión do remate da corda, cómpre poñe-lo derradeiro palillo desta de
distinta cor. Este derradeiro palillo suxéitase por medio do gancho (12), permitíndo
así facer un nó e corta-la rede mailo fío.
ENCHEDURA DA REDE
A máquina A2 vai provista de dous cartuchos (3) para
alberga-la rede que cubrirá o mexillón que se vai desdobrar e un cono de carga (13) para
facilita-la entrada da rede nos cartuchos.
RECAMBIO DO CARTUCHO
Para proceder ó recambio dos cartuchos débese sacar
previamente a boquilla (14) afrouxando as roscas de ás (15) que a suxeitan. A
continuación sácase a faixa de tea (16) soltando os cabos (17) que a suxeitan ós
ganchos (18).
Baixando a panca (19) queda liberado o cartucho que xa se poderá extraer tirando del cara
a fóra. A montaxe faise de forma inversa.
A faixa (16) serve para controla-la tensión de saída da rede. Deslizando o tubo de goma
(20) sobre a goma do peche, pódese aumentar ou diminuí-la presión da mesma.
RECAMBIO DO FÍO
Desenroscando a tapa de nylon (21) podemos cambia-la bobina de
fío. Cómpre te-la precaución de saca-lo casquete (22) para colocalo do mesmo xeito na
nova bobina. É importante montalo de xeito que ó tirar do fío a bobina xire no mesmo
sentido que as agullas do reloxo, mirando dende o lado do halador (9), xa que de facelo ó
contrario correriámo-lo perigo de que ó xirar se fose afrouxando a tapa de nylon (21).
Para controla-la tensión do fío actúase sobre as torcas (23) Hai que facer pasa-lo fío
polo anel (24).
Cando se fai o desdobre cun diámetro superior a 15 cms. pode quedar máis mexillón por
riba da corda que por debaixo, xa que a separación que permiten as lengüetas (25),
situadas á saída da canle da corda, é insuficiente. Para compensa-lo reparto do
mexillón, deben desprazarse uns separadores (26) que van instalados debaixo das
lengüetas.
DESMONTAXE DA TOLVA
Para desmonta-la tolva, simplemente solte os enganches
laterais (27). Para colocala observe a posición do vibrador (28) e do resorte (29).

DESMONTAXE DO EIXO
Para desmonta-lo eixo espiral (30), cómpre sacar previamente
a tolva, e extraelo logo tirando do mesmo. Nunca se debe golpear sobre as espiras, xa que
deformarían o eixo. En caso de que fose preciso golpear para saca-lo eixo, débese facer
sobre o núcleo introducindo unha barra polo oco que permite entre o motor (31) e a
caixa..
DESMONTAXE DO EQUIPO HIDRÁULICO
O equipo hidráulico vai montado sobre o motor OMM32 (32) que
se suxeita á estructura por medio de tres parafusos M6. Para saca-los parafusos, debe
extraerse previamente a polea dentada (33), que acciona a correa (34).
PUNTOS DE ENGRAXE
Periodicamente débense engraxa-los rodillos (35) e os
casquetes do eixo (36) (Fig. 2).
![]() |
|
¿Quen Somos ? - Catálogo - Atención ó Cliente
- Manuais
- Enlaces - Long-Line