DESGRANADORA Modelo B1
POSTA EN MARCHA
Antes
da posta en marcha é aconsellable asegurarse de que as conexións das mangueiras son
correctas. En caso de invertelas, a máquina xiraría ó revés. A entrada de presión
debe conectarse no enchufe (1), que de fábrica sae cun terminal macho.
Para a posta en funcionamento, unha vez conectada, faise xira-la panca (7) da chave de
accionamento. Énchese a tolva (2) e seguidamente gradúase a criba (3) mediante as
manillas (4), para selecciona-lo tipo de mexillón desexado. Procurar xira-las
dúas manillas (4) na mesma posición para evitar que quede máis aberto nun lado que no
outro.
A máquina debe apoiarse sobre a mesa selectora encaixando o enganche (5) sobre a beira da
mesma. Se se precisa un degranado maior, débese baixa-la degranadora das patas (6),
afrouxando as rosca de ás (8). Non se debe baixar excesivamente a máquina das patas, xa
que prexudica ó mexillón, polo que se deberá ir baixando paulatinamente ata ver que o
degranado é o desexado. Cando o mexillón ten o viso pouco forte, a máquina pode
degranar en posición horizontal. Débese mante-la tolva totalmente chea e, en caso de que
a cantidade de mexillón que sae pola boca de saída sexa excesiva, débese baixar de
revolucións, actuando sobre a panca (7). Así, conseguirase que o mexillón non resulte
danado
DESMONTAXE
Para desmonta-la degranadora sóltanse primeiro os enganches
(27), procurando soltar en último lugar o enganche superior. Unha vez sacados os
enganches, extraese a criba tirando dela cara a fóra. A continuación, tírase do eixo da
mesma forma, fixéndose na estrela do acoplamento que soe quedar solta
DESMONTAXE DO MOTOR
Para saca-lo motor, sóltanse as dúas torcas que o suxeitan,
e extraese tirando do mesmo. É frecuente que o acoplamento que se monta sobre o eixo do
motor, se atasque a causa do óxido que se pode producir, debido a que este se fabrica en
aceiro normal. Neste caso, haberá que extraelo golpeando con axuda dunha barra sobre o
eixo do motor ou cun extractor de garras.
RECAMBIO DE PALETAS
As paletas do eixo da degranadora (9) soen gastarse co uso.
Cando se desmonta o eixo (25), debe terse a precaución de non golpea-lo deflector (10),
xa que se este se deforma, pode provoca-la ruptura do mexillón.
PUNTOS DE ENGRAXE
Periodicamente, deben engrasarse os puntos (11).
![]() |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
¿Quen Somos ? - Catálogo - Atención ó Cliente - Manuais
- Enlaces
- Long-Line