| |
Situados no Grove ( en Galicia, ó Noroeste de España), Talleres Aguín
miramos ó mar e ós seus productos, entre os que destaca o mexillón.
Achegamos toda a nosa experiencia e coñecementos con máquinas que facilitan
o labor e aumentan a rendibilidade da industria mexilloeira.
Facilitamos todo o proceso enormemente coas nosas máquinas: dende o
encordado do mexillón, coa nosa máquina desdobradora, ata a súa recollida,
mediante a máquina degranadora e posterior clasificación, coa mesa selectora.
Dende os nosos comezos, buscamos facilita-las arduas tarefas dos duros
homes e mulleres do mar, mellorando as nosas máquinas e buscando solucións
óptimas ós problemas que a industria mexilloeira de todo o mundo nos
formula.
Vendemos as nosas máquinas en diversos países de Europa, América, África
e Asia, o que nos permite ofrecerlle unhas máquinas probadas e fiables,
cun alto grao de eficiencia e rendibilidade.
Se desexa poñerse en contacto connosco, pode facelo vía correo ordinario,
no seguinte enderezo:
|

 |